A ruta comenza en Villablino ata o polígono de Villager, dende alí hai que coller un carreiro entre árbores que vai collendo altura ata chegar á Braña de Buenverde, con todas as súas casas ben conservadas e xunto a elas podemos atopar unha pequena lagoa. A baixada faise por unha empinada pista que nos leva de novo ao polígono e dende alí coller a vía verde que chega, novamente, a Villablino. (Yeyi)